Pecadiñorixinal

 Ana Cibeira  



Documento sin título
Pecadiñorixinal

Ana Cibeira


No need to marry to love you, diche Betty Page axeonllada disimula o temor sobre o calcañar sete centímetros embaixo da tapiña suxa desexa cravarse o tacón na puntiña no cu negro o cabelo de coiro pero sen remaches prateados os brazos pintados co o escuro esmalte brillante dunha segunda pel enrugada sobre todo por donde pasa esa vea tan importante para o cabalo e mailas enfermeiras e tamén no antebrazo dereito ó dobrarlo coa finalidade de soster como sostén algo así coma un fular de pura pluma de anxo boxeador lixero ceo azul detrás dos enormes peitos con moita delicadeza a man non se lle ve resgardada baixo a teta zurda prémea e volve separala só un pouquiño un pouquiño por ver se aínda sinte os latexos abombados na canción explota explota o meu corazón polo desexo ou pola coca esta noite Betty Page son e afundo coma picadores de xeo agullas acibeche na carne rosada alegre quente e insolente por primeira vez confío nestas medias de rede de cabareteira dí mamá un eufemismo porque non lle gusta que soamente me cobran media coxa sobre o papo da perna ou mazá de eva ou adán porque aínda non temos claras ti e máis eu as funcións da extremidade inferior alaranxada ardente e insolente que desprazo con tino baixo as lustrosas unllas do polgar e índice estáticos húmidos case como a pel dun animal viscoso o dunhas longuísimas botas altas de pitón de Gucci por exemplo aínda que foi Gaultier o que lle copiou a Betty os suxeitadores da cor dos pecados do travesti que son con lingua de serpe coa que pecarei quero dicir picarei a este mundo fríxido do que só me importa a cálida insignia roxa do valor que é como chama Man Ray ó rouge beizo carmín en galego do que tanto dista teu catre campeón home oitentaecinco ou si as temos claras porque esas son as ereccións que che desaproveito sen querer querendo perdón xa cho dixen e non debería pero pídocho polo gato ladrón que es ti e non mamá pretende manterme con froitos bos para comer de árbores placenteiras visualmente máis eu sufro doutros intensos e ineludibles adoecementos e penso que nin sexo nin futuro hai sen Disciplina Disciplina Disciplina por iso vou se-la Señorita Page esta noite haberá un roubo cen por cen á avoa sadomaso de Madonna copieille o look media melena que xusto roza o pendente que alí también chega estala por sorpresa como a nosa gorxa partida en dúas nesta guerra outonal orgásmica festa caída das dúas primeiras follas que se nos prohibira porque no amor todo é empezar, vamos, susurr@...



Seguinte      Anterior

 

(Podedes enviar textos ou imaxes a: andaina@andainamulleres.org)

Un espacio aberto as vosas creacións...